Blogia
Glosobloguia

Veña, abre o teu blog!

Volvendo a ver blogs. Pois si, é divertido ler a xente que ten ganas de contar as cousas máis insospeitadas. Volvín a visitar Todo nada, o meu blog favorito. E aí segue Ela hoxe coa neve e o frío polar de Lugo. Con moitos máis fans... a xulgar polos comments. É unha sorte ter alguén que escribe coa súa soltura! Que ten opinión, que sabe por onde anda e que se expresa con naturalidade, recortando, pegando, escribindo...
Así que veña, colle un blog, e avísame. Con máis voces a rede será para todos máis habitable!

1 comentario

Andrew -

Ola Beni, son Andrés, o rapaz que vai na túa clase en 1º de publicidade, ¿sabes, non? Espero que sí. Eu decidín facer un web blog bilingüe, o contido é o mesmo, só que a xente pode escoller a lingua na que lerme e na que comentarme... Convídote a que pases por el, xa te teño coma enlace, tanto no fórum, coma no te web blog... O que non entendo... son moitas cousas... ¿Por que blogia non me deixa colocar coma enlace a bandeira republicana en vez de ter que poñer a bandeira de españa normal para o enlace en castelán? E... ¿ Por que tampouco me deixa dividir os enlaces por temas na miña páxina en galego? Así, non queda nada completa o meu web blog e ¡non é xusto! Se ves algún erro frecuente na miña redacción, comunícamo sen problema...Por outra parte, estiven mirando o teu web blog e en xeral está moi ben maquetado, elaborado e ten unha boa división temática e multitude de enlaces interesantes...

Noraboa, vémonos na clase