Blogia
Glosobloguia

Nihil obstat

Todo o que empeza, acaba. Este post, o número 12, é un bo final.
Non hai exercicio que non sexa finalmente inútil. Unha doutrina filosófica é ó principio unha descrición verosimil do Universo; pasan os anos e é un simple capítulo -cando non un parágrafo ou un nome- da historia da filosofía, Na literatura esa caducidade final é aínda notoria. O Quixote -díxome Menard- foi ante todo un libro agradable; agora é unha ocasión de brindes patrióticos, de soberbia gramatical, de obscenas edicións de Luxo. A gloria é unha incomprensión e se cadra a peor.
Isto escribiuno Borges. Cumpriu o seu papel o meu blog? Si, por que non? Se fixésemos caso de Blogaliza sería o 207. Mañá desaprecerá para pasar a formar parte dos 27 mortos. Coma Menard, eu borrarei os seus contidos para que quede o menos rastro posible. Podería explicar as razóns pero a verdade é que non hai razón concreta e podédesme crer.
Ciao, espero vervos ou lervos noutro lado!

4 comentarios

Anónimo -

Hai dous días animábasnos a escribir un blog e agora deixas de escribir o teu? Sinxelamente non o entendo. Estarei aquí por si mudas de opinión.

gloria -

"Isto non deixará de ser un simple Caderno. Non lle deas máis importancia da que ten."
Gracias ós posts, podo facer isto:)

gloria -

¿doce un bó número?
Dame mágoa ler o teu post, Beni
Gústame este gloso e coido que se merece cumprir máis tempo
se algo te levou a sacalo,
ese algo ten que estar nalgures... ¿será que o deixaches nun peto do pantalón?
Mira a ver primeiro¡¡¡

Chelís -

Cústame crer que fai unha semana que sei do teu blog e que vaias abandonar o labor. Ou é que non entendo o que leo?
Ti queres crer que se arranxa o mundo falando ou escribindo? Pois podes crelo. Inténtao. Se fracasas, (e seica o fracaso non existe) tenta facer. O domingo pola mañá chegoume unha mensaxe ó móbil, unha mensaxe feita con palabras, mellor dito, cunha palabra. A palabra era esta: "Fai". Só unha palabra. Volvo lembrar estoutra cita: "As palabras son ananos, os feitos, xigantes".
Outra que se me veu á cabeza esta tarde: “Fai o que eu digo, non o que eu fago”.
Isto vénnos dicir que se os curas predicasen co exemplo, os cristiáns escoitaríamos de mellor gana a palabra de Deus e faríamos máis polos nosos semellantes.
Outra cita: “Ver para crer”. É coma dicir: “Se non o vexo non o creo”. Pois resulta que o antropólogo Josep María Fericgla, considera que “vemos o que cremos”, ou sexa que creamos realidades a partir do que cremos, ou mesmo do que nos fixeron crer. Unha das forzas que máis fortemente intervén na inoculación de crenzas é a cultura. Por iso, hai que ter coidado coa cultura: Saber en todo o momento cando un refrán te está a aconsellar ben. Que vemos ou que cremos cando sentimos “aínda non está o alcacer para gaitas”?

Chelís

PDT. Se cambias de opinión, estarei por aquí para facer comentarios. E senón, fareinos igual. E procurarei non xulgar. Procurareino.