Blogia
Glosobloguia

Por que glosobloguia?

Xa está, xa teño un blog cun nome case impronunciable. Podo empezar a escribir e publicar artigos cando queira, agora mesmo, se me peta.
E agora mesmo, despois de dalo aberto, o que me pregunto é PARA QUE o quero. Para rexistrar cousas, claro...Iso é o que significa blog: "web log".
Non podo reprimilo. Teño esta tendencia. Sempre me acaban asaltando cuestións transcendentais (emoticón expresando ironía!) co que fago ou co que deixo de facer.
Pero de veras necesito un blog? Teño algo que dar a coñecer? Quero que outros me lean? Sinceramente, non teño nin idea, pero aquí estou, tentando balbucir esta especie de trabalinguas para quen queira lela e glosala: glo-so-blo-guia!
A Daniel Martí, e a Adrao Eiros, que me induciron a deixar de facer ficheiros en word e me axudaron a dar os primeiros pasos, a miña gratitude.

1 comentario

dan3 -

gracias, que sigas y que le saques mucho partido.

los demás esperamos mucho de gloso.blogia