Que pretendo con Glosobloguia?
Velaquí de novo, armándome de valor con palabras de guerra...
Que cousa estraña arremedar en alta voz os eus da propia conciencia para non se sabe que!
- Que facer con Glosobloguia? Serve para algo?
- Ten obxecto preguntarse isto agora? Non o deberas decidir antes de empezares?
- Vale, vale! Podería, pero non fixen. No fondo espero que a acción me dea pistas. E agora, se mo permites, gustaríame considerar se vai ser un blog de xungla, nas marxes literarias, un divagar experimental sen tema definido?
- Non, por Deus, non serías xusto contigo mesmo nin cos demais! Polo menos que sexa informativo, será máis útil.
- Daquela, ti que fuches lexicógrafo, sería preferible un glosario errabundo de palabras raras e sintaxe previsible?
- Non, non, por favor, máis glosarios non, que os compilen os técnicos de fronteiras impermeables e significados fixos.
- Entón, algo máis actual, quizais unha bitácora de exploración da realidade virtual, unha especie de guía que recolla canto de sorprendente ou interesante atopes na Rede?
- Non, non me fagas iso; programas dese tipo, os televisivos. Que dirían os de Click On-Line ou o rastrexador de páxinas web de Crónicas Marcianas!
- Daquela prefires continuar cos teus blocs de notas enmarañando lecturas e reflexións?
- Non dixen que quixera seguir esgarabateando libretas!
- Entón que?
- Debo decidirme xa? Non hai máis opcións?
- Hai o que queiras, podes seguir facendo o que facías ou podes saltar á rede e ver o que está facendo outra xente. Isto non deixará de ser un simple Caderno. Non lle deas máis importancia da que ten.
- Pero sería bo que tivese unha certa unidade, que gardase unha certa coherencia.
- Teraa, non te preocupes.
- Empeza polo nome, por GLOSA... ou polo verbo, por GLOSAR, por glosar o que é glosar.

0 comentarios