Blogia
Glosobloguia

Escribir

Comeza un novo mes: marzo.
Marzo, marzán, pola mañanciña cara de rosa, pola tarde cara de can. O sábado nevou de camiño á casa. Que aventura de viaxe!
Non escribo desde hai días. Fun a Santiago o venres e pasei a fin de semana en Meira e Ferreira, onde viven meus pais.
O venres presentouse o libro de homenaxe a Fernando Tato, morto de cáncer fai xa cinco anos. Tiña só 38. Nada hai máis triste ca ausencia dalguén amigo que xa non volverás a ver.
Fágome o ocupado. Estou ocupado, preparando un proxecto publicitario: un banco de anuncios en galego. Seguro que a el, sempre tan á última, o alegraría. Estivéronme axudando meus irmáns e Adra, o meu fillo. Hai empresas privadas que xa ofrecen servizos parecidos. Se queres ver anuncios en español e inglés podes consultar Spots TV. Son cataláns.
Buscando documentación para o proxecto atopei este fórum brasileiro sobre publicidade e propaganda. Podes ler o mini-relato "Retrato dun publicitario, quando velho" de Marino Boeira. Pregúntome: Estou escribindo para quen? Vale, para min, si. Para quen vai ser?

0 comentarios