Hai unha maneira correcta de escribir?
Daniel Martí relía onte en Comunisfera o artigo de Mark Bernstein Writing the Living Web publicado en A list apart (10.8.02). Tanto os interesados na comunicación escrita (eu mesmo e os meus alumnos de Redacción Publicitaria) como os que se acaben de incorporar e queiran escribir para a rede encontrarán de axuda os seus consellos.
Moitos dos tips que ofrece forman parte do noso acervo estilístico e cultural pero uns cantos amosan as peculiaridades do novo soporte. O seu ton, en todo caso, é sempre persoal, desenfadado e ameno. Coa gratuidade e o ritmo do discurso final de The Big Kahuna: Goza da forza e beleza da túa xuventude. Non fagas nin caso. Nunca entendemos a forza e a beleza ata que se murcharon....
Como o artigo está en inglés, abrevio, traduzo e parafraseo libremente o que nel me pareceu importante.
1. Escribe por algunha razón. Só escribindo con paixón acerca de cousas que importen se pode ser un verdadeiro artista. Se non che importan non o fagas. Os malos blogs e páxinas persoais aburren con sucesos triviais e encontros casuais.
2. Escribe honestamente. Non te escondas nin te quedes curto. Se comezas a túa viaxe con paixón non acabes coa fórmula cansina de alguén que non sexas ti. Non escribas falsidades nin esperes que o mundo se pare e te lea pois a xente ten outras cousas que facer pero, en todo caso, debes saber que escribes para o mundo, e que haberá xente inesperada e visitantes non agardados que te lerán.
3. Escribe a miúdo. Debes escribir consistente e constantemente se queres que a xente confíe en ti. 15 minutos ó día equivalen a un libro ó ano. Non escribas moito pero escribe. Se non podes escribir dá a razón. Non abandones os teus lectores. Non asumas que terás algo que dicir todas as mañás. Apunta nun bloc de notas o que se che ocorra.
4. Escribe o xusto. Omite palabras innecesarias. Escolle un deseño visual que lle vaia ben á túa voz.. Le o teu traballo. Revísao. Non te preocupes por ser correcto.
5. Fai bos amigos. Le moito e de todo, na web e fóra. Ten especial coidado de recoñecer o traballo e boas ideas doutros escritores. Se es escritor de blogs gañarás lectores se intercambias ligazóns e ideas con outra xente. Sen xeneroso co tempo e o esforzo. Comparte libros que che gusten. Non hai nada coma os amigos.
6. Encontra bos inimigos Ós lectores gústalles a controversia e aprenden do debate. O desacordo sempre é excitante. Confrontar ideas axuda a entender claramente o que implican. Escolle os opoñentes con coidado. O mellor inimigo posiblemente sexa un amigo, alguén a quen citas e que te cita pero co que estás en desacordo en cuestións concretas. Cando comeces un debate, ten sempre en mente un final.
7. Deixa que a historia siga o seu curso. Os argumentos e rivalidades, as paixóns e as ideas cambian co tempo. Trata de entender a arte do narrador de historias. Adiántate a intereses ou acontecementos que prevés. Sorprende con humor ou cambios de dirección. Usa ligazóns co teu propio traballo de tempo atrás. Escribe acerca da xente con esmero e sentimento. Varía o teu ton e ritmo. Cando un tema enche de todo o teu sitio, para.
8. Stand up, speak out. Levántate e fala. Se sabes dos feitos, se fixeches os deberes tes dereito a opinar. Se non estás seguro pregúntate por que escribes. Se necesites información, pídea. Non opines porque si. A verdade importa. Intenta non inflixir penas innecesarias. A xente equivócase e ti tamén te podes equivocar.
9. Coida a túa relación co lector, faina medrar en intimidade e coñecemento.
10. Usa os teus arquivos. Tenos dispoñibles no seu sitio, indefinidamente. Prometer que estarán dispoñibles non quere dicir que non os poidas modificar. O mundo cambia e todos cambiamos. Asegúrate de que os traballos vellos que fixeches se poidan consultar e de que neles aparece quen es, que queres e onde se pode atopar o que fixeches máis recentemente.
11. Reláxate Non te preocupes de mais pola corrección. Busca a túa voz e úsaa. Non te tomes demasiado en serio.
Non nego que haxa procesos que requiran unha forma correcta de facerse. Se alguén quere facer unha cousa tan sinxela como comer un bombón obviamente primeiro terá que desenvolvelo se ten envoltorio. Mais é este o caso da escritura? Non o creo, hai miles e miles de maneiras correctas de escribir. Só é cuestión de buscar a propia. Unha delas é a de Bernstein, que a utiliza para dar consellos sensatos. Outra a de Rogger Rueff, o guionista de The Big Kohuna, a película que mencionei ó principio. Os que poidades, incluídos os futuros vendedores e publicistas da Facultade, non deixedes de vela.

0 comentarios