Blogia
Glosobloguia

Glosando glosa?

Glosando glosa? Acabo de perder a colaboración de hoxe. Era unha glosa da palabra GLOSA. Se lembro ben, empezaba falando de Deus e da creación e de que o acto de nomear aparece na nosa tradición como a primeira forma de lingua. Non me estraña que acabase sen artigo. Logo creo que falaba da etimoloxía de glosa, que en grego significou orixinariamente lingua no sentido físico de órgano e no da facultade da linguaxe que teñen todos os pobos da terra. Parece incrible que acabase significando explicación, aclaración, esclarecemento, interpretación, lectura... pero non é tan difícil de entender en canto se glosa. No latín xa tiñan LINGUA, de maneira que a glosa xónica (pois no grego ático era glotta) acabou sendo a lingua provincial, a obsoleta, a menos transparente, a necesitada de glosar. Foi así como adquiriu o sentido de palabra escura, e como a explicación que se poñía nos textos latinos á marxe ou entre liñas para poder entender a súa rareza acabou sendo a propia GLOSA. A glosa glosada. Todo isto sería escusado se na rede tiveramos as palabras ó alcance dun click. As palabras, sen embargo, son bichos escurridizos e necesitan de xente que as acompañe.
Un sitio onde os que se sintan con forzas para glosar poden colaborar é na versión galega de WIKIPEDIA, unha enciclopedia libre que promete pero que non deixou aínda de espreguizarse. Mañá subo toda a familia de GLOSAR con etimoloxías incluídas. Hoxe, como teño présa, déixovos unha foto miña glosando. É de hai un ano e non está actualizada...

3 comentarios

gloriagdiago -

Noraboa pola túa aterraxe no espazo virtual¡
E con tan interesante artigo.
Dis que as palabras son escurridizas. Páreceme que na rede, podemos tacalas máis, e xogar coa sensación que produce ir adquirindo informacións coñecementos,ó traverso duns clicks que fan máis factible (non sempre, pero sí moitas veces) alimentar a nosa boa curiosidade.
ánimo con este espazo que xa creaches¡¡ (non sei se existe esta última forma, arrisco)

Daniel Martí -

De acordo, Dani. A ver como fago. E si, buscarei...

dan3 -

todos y sin tema no te van a servir como categorías. Utiliza las que vayan con el contenido, incluso de prueba y procura buscar otros puntos en la red con ideas similares o distintas y enlaza!!
me gusta